Coñécenos

Dende 2012 ofrecendo Servizos Culturais, Medioambientais e de Ocio. Traballamos no ámbito da economía social para un heteroxéneo e amplo abano de clientes, dende a administración pública ou entidades sen ánimo de lucro e fundacións, ata outras empresas, entidades privadas ou particulares.

Atendendo ás tres grandes áreas de actuación aceptadas na Xestión Patrimonial ofrecemos un amplo catálogo de servizos, que abarcan dende a Xestión básica (Investigación e Protección) ata a Xestión aplicada (Difusión). Para isto contamos con convenios de colaboración cun amplo número de profesionais, empresas e institucións que nos permiten ofrecer un servizo de xestión integral de proxectos adaptado ás necesidades de cada cliente.

Devolvemos rendabilidade social e económica

Servizos

Arqueoloxía

  • Clasificación e catalogación de materiais, planimetrías, reconstrucións e recreacións 3D.
  • Control Arqueolóxico dos movementos de terra. Seguimento de obras.
  • Delimitación e localizacións de xacementos arqueolóxicos.
  • Escavacións, sondaxes e prospeccións.
  • Estudos previos a proxectos de actuación arqueolóxica.
  • Informes, inventarios e catalogacións.
  • Conservación, restauración e rehabilitación de bens culturais.
  • Desenvolvemos os traballos de arqueoloxía e medio ambiente mediante a nosa marca Solventa

Medio Ambiente

  • Elaboración de Plans de Xestión Ambiental.
  • Avaliación ambiental e implantación de sistemas ISO.
  • Seguimento ambiental de obras e proxectos.
  • Educación e interpretación ambiental.
  • Desenvolvemos os traballos de arqueoloxía e medio ambiente mediante a nosa marca Solventa

Desenvolvemos os traballos de arqueoloxía e medio ambiente mediante a nosa marca

Solventa

Consultora, documentacióne museoloxía

  • Deseño e edición de contidos para sitios web, publicacións, audiovisuais, exposicións...
  • Deseño de itinerarios e material interpretativo: paneis, rótulos, libro-guías, folletos...
  • Elaboración de Sistemas de Información Xeográfica (GIS).
  • Inventarios e catalogacións de elementos culturais e naturais.
  • Servizo de asesoría histórica e medioambiental.

Formación e didáctica

  • Actividades de ocio e tempo libre relacionadas co patrimonio.
  • Seminarios, cursos, etc. para institucións culturais.
  • Cursos de sensibilización patrimonial para todos os niveis educativos.
  • Deseño de ferramentas didácticas para a interpretación do patrimonio.
  • Proxectos formativos para colectivos específicos (estudantes, profesionais...).
  • Cursos de formación.
  • Desenvolvemos os traballos de didáctica mediante a nosa marca Sopanenos

Turismo cultural, activo e de natureza

  • Consultoría turística.
  • Organización de eventos culturais e no medio natural.
  • Plans de interpretación.
  • Servizo de guías.
  • Deseño e realización de itinerarios guiados e autoguiados na natureza.
  • Deseño de andainas, rutas e itinerarios culturais.
  • Desenvolvemos as actividades de turismo mediante a nosa axencia de viaxes (licencia XG-643) Celtia Travel

Filosofía

A nosa misión

É a de innovar e desenvolver novos xeitos de aproveitamento do rico e abondoso patrimonio galego, buscando sempre un desenvolvemento perdurable que consiga harmonizar ó ser humano cos seus recursos, de modo que estes sexan un valor do pasado, un activo do presente e unha garantía de cara ó futuro.

Petróglifo de Cerdeira ás cálidas luces do solpor - Imaxe de Álex Pazó

Como conseguilo?

Mediante a aplicación da metodoloxía da cadea valorativa, pretendemos abarcar tódolos ámbitos de actuación aceptados na xestión patrimonial: investigar, protexer e, especialmente, difundir.

Se ben os dous primeiros son inherentes á propia actuación sobre este tipo de bens, o terceiro eixo fica desolado no panorama actual. Unha situación nociva, xa que o mal estado do ámbito da difusión e o recoñecemento social pode paralizar e deteriorar as engrenaxes anteriores, afectando en última instancia a propia conservación da riqueza patrimonial galega.

Equipo

Somos un equipo de profesionais especializados nas diferentes ramas que concirnen á xestión do Patrimonio e a súa difusión.

Preme nas imaxes para coñecer mellor o noso perfil profesional.

Martiño X. Vázquez Mato

Responsable área arqueoloxía

Historiador e arqueólogo por vocación e profesión. Tamén é investigador predoutoral da Universidade de Vigo, onde achega ao alumnado a importancia da disciplina da Interpretación Patrimonial.

É ademais o noso especialista na aplicación das novas tecnoloxías á protección, conservación e difusión do patrimonio.

Manuel Gallego Alves

Responsable área turismo cultural

Historiador namorado da súa terra. Nado nunha vila de Allariz, sita en plena verea romana, leva o amor polo pasado no sangue.

Este é o motivo polo que sen dúbida trátase dunha das mellores persoas coas que descubrir as lendas, tradicións, oficios e todos os recursos patrimoniais de Ourense, especialmente do val do Arnoia.

Begoña Garrido Labrador

Responsable área didáctica

Arqueóloga de corazón e educadora patrimonial de profesión. Con Begoña a historia é moito máis que libros, citas, autores, datas e datos. Con ela aprender é unha aventura divertida. Lecer educativo chámalle!

«O ensino que deixa pegada non é o que faise de cabeza a cabeza, senón de corazón a corazón». H. G. Hendricks.

Noemí Álvarez Doallo

Responsable área turismo cultural

«A arte non é o que ti podes ver, senón a que fas que o resto vexa». Esta cita de Degás define a paixón polo seu traballo da nosa Guía Oficial. Sempre cun sorriso na boca será quen de contaxiarte toda esa emoción.

Licenciada en Historia da Arte e Guía Oficial de Turismo, é especialista en Patrimonio Cultural e Técnica en Información e Comercialización de Produtos Turísticos.

Toni Vázquez Sobrino

Responsable área turismo activo

A mellor compañía para percorrer a nosa xeografía, escoitar lendas hai tempo agochadas, recoñecer cogomelos ou xogar coa neve. Co noso Técnico de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural as vosas vivencias serán únicas!

«O destino nunca é un lugar, senón unha nova forma de ver as cousas». H. Miller.

Raúl Fernández González

Responsable área medio ambiente e turismo de natureza

Licenciado en Ciencias Ambientais, amante do mundo natural e con especial devoción polos animais, sobre todo as aves.

Tamén é Técnico en Condución de Actividades no Medio Natural, ademais de monitor e coordinador de actividades de Tempo Libre e Educación Ambiental.

Proxectos

Traballamos para un amplo abano de clientes e, especialmente, administracións, centros educativos e outras empresas.

Estes son algúns dos proxectos desenvolvidos para eles: